lunes, 18 de diciembre de 2017

Xa está aquí o novo de Escarlatina! Chegan "Os arquivos secretos"! E traen unha incrible sorpresa!


Nesta nova entrega de Escarlatina, "Os arquivos secretos de Escarlatina" atoparás todo o que sempre quixeches saber sobre esta saga tan terrorífica como divertida: A que xogan os defuntos os xoves pola noite no mausoleo de Escarlatina? Lograría a cociñeira montar o seu propio restaurante? Quen goberna no Alén na actualidade? Quen foi o verdadeiro asasino de Amanito?

Pero non só iso: neste novo libro atoparás unha incrible sorpresa e, se es quen de resolver o misterio, poderás participar no concurso "Enigma Macabro". Sabes xa quen matou a Amancio? Entón manda a túa resposta canto antes! As cen primeiras respostas correctas recibirán unha carta da mesmísima Escarlatina! Atoparás as bases e toda a información aquí.

Pasa o cursor por enriba das estrelas para saber máis sobre estes libros e preme no círculo branco da esquina inferior dereita para ampliar a imaxe.

Apetéceche dar outra volta polo Alén?

(Recomendados de 5º de primaria en adiante)


No hay comentarios:

Publicar un comentario