Benvidos a tod@s!!! Xa estamos de volta
no cole e temos por diante todo un curso que espero que sexa moi interesante.
De nós depende!!!

Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía deciden viaxar xuntos
por Europa en Interrail ao rematar o Bacharelato. Descubrirán a vida en
liberdade e a complexidade das relacións persoais, marcadas polo
carácter de Xacobe.Dez anos despois da viaxe, Nico atopará en Berguen,
unha postal que lle revelará certa información que provoca nel un
cuestionamento da súa vida actual e a necesidade de resolver as dúbidas
sobre a traxedia que os envolveu ao seu regreso da viaxe de tren. Malia
as reticencias de Aroa a revolver no pasado, Nico logra contactar c@s
compañeir@s de viaxe e organiza unha festa de reencontro a partir da cal
irán aflorando todos os matices que permitirán aclarar as causas daquel
fatídico acontecemento. Novela coral de intriga psicolóxica, a historia
alterna lugares, personaxes e tempos narrativos no seu avance cara o
descubrimento dunha verdade inexorábel, capaz de cambiar o rumbo das
vidas dos seus protagonistas. A liberdade das viaxes, a identidade ou a
procura do amor son algunhas das constantes deste relato que afonda na
esencia da mocidade, tan efémera no tempo como perdurábel na memoria.
Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo
instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a
través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome
da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre
astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que
semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a
madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que
traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de
sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome
real… Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e
mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar,
cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de
cambiar para sempre.
Cando Robin Donegan espertou en terras leonesas e viu aquela cantimplora
do seu pai arredor do seu pescozo comprendeu que fora abandonado polo
exército inglés de Sir John Moore que, perseguido polas tropas
francesas, iniciaba a súa retirada camiño do porto da Coruña. Dende
entón este afouto inglesiño de trece anos emprenderá unha longa viaxe na
procura de “The Corunna boats” na que contará coa axuda, a protección e
a amizade da familia do xitano Marcial. Unha viaxe na que coñecerá as
penurias e os horrores daquela guerra da francesada, librada en Galicia
hai case douscentos anos. e na que ao seu remate deberá escoller a rota
que oriente a súa vida. Xelís de Toro ofrece unha novela de trasfondo
histórico, de indubidable carácter iniciático, dirixida ao público
xuvenil, onde se abordan os grandes temas e cuestións que interrogan aos
mozos de todos os tempos: o amor, a amizade, a familia, o mellor camiño
para dirixir a súa vida.

Doce de abril de 1961: o cosmonauta Iuri Gagarin convértese no primeiro
ser humano en viaxar ao espazo exterior. Comezaba a era espacial, e
tamén unha década que traería grandes cambios. Cincuenta anos despois,
Miguel Mendiguren, un home na fronteira dos sesenta anos, mentres vela
os días derradeiros da súa nai nun cuarto de hospital, lembra a proeza
do cosmonauta ruso. Daquela el tiña dez anos e gañara un concurso
escolar de redacción cun traballo sobre esa primeira viaxe espacial. A
raíz diso, os outros nenos pasan a chamarlle Gagarin, un sobrenome que o
acompañará durante toda a súa infancia e adolescencia. Mentres se apaga
a vida da nai, Miguel lembra os seus anos mozos, na Coruña da década
dos sesenta. Os seus rexentan unha imprenta e unha libraría de barrio,
aparentan ser unha familia coma as outras. Mais esconden perigosos
segredos que Miguel irá desvelando a medida que se abre á complexidade
da vida. Unha vida na España desa época, coa ditadura de Franco e a
represión das liberdades máis básicas, coa ameaza permanente da Brigada
Político Social, a policía secreta do Réxime. E tamén coa oposición
clandestina, barreira imprescindible contra a barbarie. Naquel tempo de
mocidade, Miguel tamén experimenta a revolución interior que supón
namorarse. O arrebato da paixón e a dor da ausencia, nunha relación
marcada polas diferenzas de clase. Emocionante historia de amor,
engaiolante novela de formación e da memoria, A viaxe de Gagarin
confirma a Agustín Fernández Paz como mestre da narrativa do noso tempo.
O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega ós
nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla
dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca,
posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente
do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que
non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a
súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor
como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar.O lapis do
carpinteiro é testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de
tódalas guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder
salvífico do amor.Esta excepcional novela ficará no lector gravada coma
un engrama, coma o sulco dunha cicatriz que rescata o mellor da nosa
memoria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario