Benvidos a tod@s!!! Xa estamos de volta no cole e temos por diante todo un curso que espero que sexa moi interesante. De nós depende!!!
Estas son as lecturas que podedes escoller para realizar o voso book tráiler:

Sempre vai frío na estación de autobuses. Aquel frío que xea a Amanda, a rapaza de dezanove anos que traballa de limpadora, que todas as noites lle conta a Ánxela, a súa filla dun ano, todo o que alí lle aconteceu. Aquel frío que persegue a Uxío, o rapaz louro, que pasa camiño do adestramento, desacougado tras a perda da moza e o divorcio dos seus pais. Aquel frío que atenaza a Luís, o home do paraugas, o profesor de instituto, afundido na soidade, que agarda polo seu autobús. As vidas dos tres cruzaranse cando Amanda teña que limpar unha pintada nunha das plataformas de chegadas: «WHEN WILL THOSE CLOUDS ALL DISAPPEAR?».
O pintor do sombreiro de malvas cóntanos a historia dun adolescente que é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable, acompañándoo no seu deamb
Esta
historia iníciase cando, a través dunha nota necrolóxica nun xornal,
Auria descobre unha terrible e misteriosa razón que a empuxa ao
suicidio. Por medio de Merche, o diario de Auria, e dun narrador
revivimos unha viaxe por Europa. O presente e o pasado avanzan
paralelos. Os capítulos do pasado van dando claves para descifrar a
situación actual. O descubrimento do amor, o sexo, o aborto, a amizade,
os estudios, as relacións familiares... xorden dese fío argumental que
resulta ser a viaxe.
Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de
escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As
fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun
hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só
viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao
terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar
nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os
deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán
descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo
irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é
unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os
medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola
desorde mundial deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín
Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno.



No hay comentarios:
Publicar un comentario